Xoaquín Lorenzo Fernández ,etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2004. O presente volume, Xoaquín Lorenzo . Unha fotobiografía, preparado por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, constitúe a achega máis acaída sobre o percorrido biográfico e autoral de Xoaquín Lorenzo. Precedida por unha presentación do Museo do Pobo Galego e dunha cronoloxía do autor, recolle centos de fotografías , textos e documentos organizados nas seguintes 1907-1923: A infancia e a mocidade. A descuberta de Galicia. 1923-1936: Os tempos do Seminario de Estudos Galegos. O compromiso coa Terra. 1936-1941: A fenda da guerra. Sobrepóndose á desfeita. 1941-1963: O traballo posible. Arqueoloxía e etnografía. 1963-1977: A ilusión dos novos tempos. A confianza na mocidade. 1977-1989: O fío da memoria. Tempo de homenaxes e recoñecementos. A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Clodio González Pérez , de Francisco Fariña e Xulio Rodríguez , de Xosé Manuel González Reboredo , de Francisco Calo Lourido , de Francisco Fernández Rei , de Xosé C. Sierra Rodríguez , de Segundo Alvarado e Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco . O volume complétase cunha bibliografía de e sobre Xoaquín Lorenzo. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.
Language
Galician
Pages
280
Format
Hardcover
Release
July 07, 2004
ISBN 13
9788497821797
Xoaquín Lorenzo (1907-1989): Unha fotobiografía (Grandes Obras) (Galician Edition)

More books from Afonso Vázquez-Monxardín Fernández