Read Anywhere and on Any Device!

Subscribe to Read | $0.00

Join today and start reading your favorite books for Free!

Read Anywhere and on Any Device!

  • Download on iOS
  • Download on Android
  • Download on iOS

Tan puro

Tan puro

Jesús Castro Yáñez
0/5 ( ratings)
Tan puro é o título co que Jesús Castro Yáñez recolle cinco poemas da poeta Sor Juana Inés de la Cruz traducidos ao galego. O conxunto non é só un excepcional exercicio de tradución senón tamén unha oportunidade de achegarse á unha das maiores figuras da lírica barroca e da poesía hispanoamericana en xeral. Nacida filla ilexítima dun capitán español e unha nai crioula en San Miguel Nepantla , foi muller de inmenso e precoz talento para a lectura e a escritura, coñecementos aos que con fervor quixo consagrar a súa vida. Relixiosa máis por vocación intelectual que por convicción monástica, foi na orde xerónima onde atopou un lugar e un pretexto para dedicar a súa vida á erudición co apoio da condesa de Paredes e vicerraíña de México, María Luisa Manrique de Lara y Gonzaga , que sería a súa protectora, interlocutora e suxeito central de boa parte da súa obra escrita. Os poemas e retratos que lle dedica á vicerraíña poden ser comprendidos como panexíricos cortesáns ou claras expresións dunha relación lésbica, e posiblemente as dúas cousas sexan certas e ningunha diga toda a verdade. O que si é evidente nos poemas é a forza dun eu lírico feminino e virtuoso que crea o suxeito amado á medida da súa voz, que enuncia unha sede para non saciala e así coñecer máis a fondo -nunha espera desexada inesgotable- a anegada razón do seu ser. Tan puro únese a Rabo de Egua, unha colección de Chan da Pólvora dedicada á diversidade das identidades onde se poden atopar obras de Ramón Suárez Picallo, Brane Mocetic, Federico García Lorca, Serafín Ferro, Antón Fortes e Pau Vadell.
Language
Galician
Pages
20
Format
Paperback
Publisher
Chan da Pólvora
Release
June 28, 2021
ISBN 13
9788412318319

Rate this book!

Write a review?

loader