A Doctrina nazonalista de Ramón Villar Ponte é, xunto coa Teoría do nacionalismo galego de Risco, publicada un ano antes, o único libro de sistematización doctrinal do galeguismo dos anos vinte. Redactado como catecismo de divulgación, contén, sen embargo, interesantes fontes filosóficas e políticas. Aínda que asume con idéntica firmeza que Risco a definición orgánico-historicista de nación galega, Villar Ponte non rexeita o <> das ideoloxías liberal-democráticas do século XIX, senón que concilia o seu nacionalismo co republicanismo federal e as máis avanzadas propostas de democracia política.